RUEDA DE PRENSA: CÁRITAS DE SAN XOSÉ MILLADOIRO 2017

RODA DE PRENSA: CÁRITAS  DE SAN XOSÉ MILLADOIRO 2017

Enlace a EL CORREO GALLEGO

Enlace a la PASTORAL DE SANTIAGO

 

 

1-Introducción:

Bos días a todos Dende o equipo directivo de Cáritas da parroquia de S Xosé de Milladoiro queremos darvos una afectuosa benvida e agradecer a vosa presenza hoxe aquí.

Como é tradición na nosa Cáritas da parroquia de S. Xosé, fundada  no ano 2001, daremos conta do noso traballo durante o ano 2017. Somos a terceira xeración deste equipo formada por María Jesús Martínez Vázquez, traballadora social deste organismo, e un humilde servidor, Manuel Caamaño París, que dende hai ano e medio exerzo a dirección desta entidade.

Nun primeiro momento imos facer un pequeno resumo do traballo que desenvolvemos e as áreas de actuación nas que estamos presentes, sempre axudando e acollendo a esas persoas máis desfavorecidas e que necesitan un apoio constante, para non quedaren excluídas socialmente.

2-Cáritas Milladoiro está estructurada nestes diferentes proxectos que agora presentará a miña compañeira Mª Jesús:

Acollida-Acción de base

A acollida é a porta de entrada a Cáritas. Dende o primeiro contacto se inicia todo o proceso de acompañamento para a consecución da promoción persoal e social hacia un desenvolvemento humano integral.

Este proceso de acollida e acompañamento faise en rede, baseado na coordinación, relación e comunicación continua entre os distintos axentes  tanto dos departamentos doutras Cáritas (Programa Vagalume, Centro Traballo e Cultura, etc.) así como cos axentes doutras entidades de iniciativa privada e dos servizos sociais públicos.

Durante o ano 2017 recollemos estes datos:

Familas atendidas 183 con un número de beneficiarios/as de 614

Con elas realizáronse  496 intervención, atendendo as mesmas familias una media de 3-5 ocasións.

Delas, atenderónse por vez primeira a 108 familias de diversas orixes. Destacando as seguintes:

Venezuela   37.95%, porcentaxe que se desglosa do seguinte modo:

  • Con ascendencia y/o origen español 12,03%
  • Venezuela 25,92%

 

España 32,40%

Brasil e Colombia 11,11€

Marrocos  4,63%

O xénero que prima a hora de acudir a solicitar algún tipo de axuda é o feminino, cunha media de idade entre os 31-44 anos. Moitas destas mulleres encabezan fogares con 1-2 fillos.

Porcentaxe de mulleres atendidas 74,86%

O nivel de ingresos das familias que solicitaron algún tipo de axuda foron os seguintes:

Perceptores de RISGA 33,88%

Subsidio desemprego 10,93%

Algún tipo de pensión   6,01%

Con ingresos que resultan insuficientes o ben que carecen de ingresos oficialmente recoñecidos 49.18%

 

Proxecto de Orientación para o Emprego

Con este proxecto o que pretendemos é axudar a mellorar as posibilidades das persoas para acadar a súa inserción sociolaboral.

Está dirixido a todas as persoas interesadas en atopar un emprego.

Persoas inscritas no 2017  146

 

 

 

 

Actividades

Elaboración semanal dun boletín de recopilación de ofertas de emprego e formativas.

Diagnóstico de empregabilidade

Orientación hacia accións formativas que incrementen as posibilidades dos participantes a acadar un emprego.

Axudamos a elaboración do Currículum Vitae a 53 persoas

Intermediamos para axudar a conseguir entrevistas de emprego.

No 2017 conseguimos concertar 98 entrevistas.

 

Proxecto Areté

Persegue favorecer a inclusión social e educativa dos menores escolarizados nas etapas educativas obrigatorias e con elo promover o seu éxito educativo e reducir o fracaso escolar.

 

Actividades

Reforzo escolar nas materias nas que os nenos presentan maior dificultade. Tamén organizamos unha clase en lingua galega  especialmente dirixida ós menores das familias recén chegadas doutros países para que se familiaricen coa nosa lingua e cultura. Todas estas clases son impartidas por un equipo de profesores voluntarios, especializados nas áreas das que se ocupan.

Ocio e tempo libre. Básicamente consisten en levar a cabo diferentes propostas para ofrecerlles aos nenos alternativas de xogo para que  despois as poidan realizar no seu tempo libre coas súas familias.

Axudas para a compra de libros de texto e/o material escolar que non foron cubertos polas axudas públicas; ben por resultar éstas insuficientes ou ben porque as familias non cumpren cos requisitos para o acceso as mesmas  como que os menores carecen do número de NIE por atoparse en situación irregular. En función da situación da familia tamén axudamos na compra de libros de texto e/ou material escolar nas etapas non obrigatorias.

Nº nenos e nenas que asisten as clases de reforzo 35

Actuacións de ocio e tempo libre:

  • Contacontos
  • talleres de manualidades
  • taller de dibuxo 8-10

Nª axudas na compra de libros de texto e/o material escolar

9 familias, das que se beneficiarion 16 nenos/as.

Nº profesores voluntarios 11

Nº voluntarios colaboradores  nas actividades de lecer              5

Encontros multiculturais

No 2017 comezamos a desenvolver estes encontros abertos a todas as persoas interesadas en participar. Ofrecemoslle un espazo para coñecernos, para compartir, para falar de temas que lles preocupan.

 

Realizamos 3 talleres de ocio

1 taller para o manexo do estrés.

1 charla informativa sobre as axudas públicas dos libros de texto e o material escolar da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

 

E finalizamos estes encontros degustando pratos típicos de Colombia, Venezuela, Brasil, Marruecos e Galicia.

 

Programa Xenia. Acompañamento na enfermidade

Espazo de descanso e respiro tanto para as persoas que padecen unha enfermidade e están a recibir un tratamento médico como para os familiares e/ou acompañantes dos mesmos e son procedentes doutras ciudades ou localidades ben sexan estas de Galicia ou ben de fora dela e sexan obxeto de atención no CHUS.

 

 

Piso Xenia: 5 familias, 8 beneficiarios/as. Algún destas familias utilizaron este piso en varias ocasións según sus necesidades médicas.

 

 

 

Programa de Solidaridade Dental

A Clínica Dental Macía, e no seu nome o doutor D. Javier Macía, ofreceuse xenerosamente a contribuir na saude bucodental do colectivo de persoas máis desfavorecidas do Milladoiro. Cáritas Parroquial de San José de O Milladoiro, quen derivou as persoas as que se dirixía este servizo. Como non pode ser doutro modo, damos as grazas tanto o doutor Javier Macía como a doutora África Carrero pola súa gran labor.

Familias derivadas no 2017 5, beneficiarios/as 10.

____________________________________________________________

Parécenos oportuno indicar que o noso banco de alimentos só funciona de maneira excepcional, neste momento o Concello atende esta demanda, polo tanto nós diriximos os nosos esforzos cara necesidades que ningún organismo está a paliar.

Somos un equipo de xente que se preocupa por buscar solución aos problemas dos demais , dos máis necesitados, sen atender a crenzas, só pola mera necesidade de axudar ao próximo. Colaboramos para que na nosa parroquia non falten os medios para subsistir.

 

Incrementamos o noso radio de acción en parroquias que forman parte da nosa UPA, recentemente Calo está atendendo de maneira aos seus vecinos, pero tendo en conta  que todos imos medrando pero que todos somos una mesma entidade.

 

A demanda de axuda increméntase de xeito diferente ao longo do ano. Ë máis intensa durante os meses de inverno, xa que as  ofertas de traballo inreméntanse un pouco durante os meses de primavera e verán polo que disminúe o desemprego e os gastos dos principais suministros dun fogar.

 

 

3-Chegados aquí faremos un desglose económico de tódolos gastos que tivemos ao longo do ano 2017:

 

-Axudas para pagos de suministros (electricidade, gas oil, auga): 707,95 euros.

-Axudas para aluguer: 5.670 euros. Aquí están incluídos pagos de mensualidades e fianzas de persoas que buscan a súa primeira vivenda ou que non son capaces de afrontar o pago mensual da mesma en momentos puntuais do ano e con iso evitamos cas familias entren en procesos de desahucio. Moitas destas axudas concédense mentras as familias non cumpren os requisitos para acceder as axudas públicas ou a pesar de telas concedidas aínda nos as comenzaron a percibir.

-Axudas para saúde: 348,21 euros.

Nesta partida entra tanto as axudas para a compra de medicamentos prescritos polos seus médicos as persoas que o precisan,  sobre todo con enfermedades crónicas, continuadas no tempo e que a veces teñen un custo elevado que moitas familias non poden asumir e tamén para a compra de alimentos e productos infantís dirixidos a primeira infancia.

-Axudas para transporte: 395 euros.

Estas axudas están destinadas a tódalas persoas que o precisen para poder acudir a o seu posto de  traballo e que para iso se teñen que desprazar a  Santiago e arredores e  nun primeiro momento non dispoñen de capacidade económica suficiente e tamén para que poidan acudir as actividades formativas ofertadas tanto por Cáritas como por outras entidades mentras se tramita este  tipo de axudas nas entidades públicas e éstas non se materializan.

Asi mesmo , esta axuda está destinada tamén a estudantes que se teñen que desplazar ao seu centro educativo para poder rematar os seus estudos.

-Axudas destinadas a alimentación: 7410€

A estimación en axudas de alimentos foi ao longo do ano en 34 familias e distribuirónse 81 repartos ascendendo a un total aproximado 4860€

A o que temos que engadir o reparto extraordinario de Nadal a 30 familias ascendendo aproximandamente a 2550€

En situacións de emerxencia extrema, proporcionamos o custo íntegro de producto fresco no supermercado: carne, fruta, verdura…que se complementa con producto que ten una caducidade máis ampla: pasta, conservas, leite , azúcar, galletas que temos no noso “banco de alimentos”, que como xa dixemos funciona neste intre de xeito puntual.

-Axudas para roupa e calzado: 78,03 euros.

Destinadas a persoas que precisan roupa de abrigo para eles ou os seus fillos, para poder soportar as duras inclemencias do inverno galego.

Outras axudas 6397.11€ que se desglosan do seguinte xeito:

  • 2000 México (terremoto México)
  • 1000 Congregación Trinitarias Noia pola súa colaboración coa nosa parroquia
  • 1700 Guatemala. Para un proxecto educativo
  • 1098,25€ Outras axudas do fogar (mantas, colchón, cerrallería, lavandería, etc.)
  • 598,86 Emerxencias sobrevidas aos nosos usuarios.

 

Non podemos esquecer o tema da prostitución, pois detectamos as dificultades que lle supón a unha muller cando decide dar o salto de abandoar este mundo. As axudas que precisan para manterse elas e as súas familias dispoñen duns prazos demasiados longos para facerse efectivas e

isto dificulta a súa saída definitiva. Nos somos mois sensibles ante este tema e sempre procuramos atendelas na medida das nosas posibilidades coordinando toda a nosa actuación tanto co Programa  Vagalume como cos servizos sociais públicos.

 

O colectivo que máis estamos a atender nos últimos tempos son familias de orixen Venezolana, algúns con antecendentes españois, outros como solicitantes de asilo e algúns  deles tamén se atopan en situación irregular.

No caso dos Venezolanos que obteñen o seu dni como españois a maioria deles  se lles concede un subsidio como emigrantes retornados para comenzar a súa vida no noso país. Sen embargo, os Venezolanos que se lles admite a tramite a solicitude de asilo se lles concede durante os cinco primeiros meses o permiso de residencia pero non o de traballo polo que se ven obrigados a acudir as axudas tanto de Cáritas como das entidades públicas para poder manter as súas familias e fogares.

Tamén estamos a detectar a vulnerabilidade e desprotección que padecen algúns anciáns do noso entorno. Moitos deles ou ben non teñen familias ou ben éstas non se poden ocupar deles. Nestes casos nos facilitamos a nosa axuda para ofrecerlles a solución máis adecuada as necesidades que presenten: ir á mercar, acoder ao ambulatorio para unha cita médica, aseo persoal diario, cociñar, todo isto o facemos cun equipo de voluntarios e voluntarias…..Tratamos de que o seu día a día  sexa máis doado e que sexan capaces de disfrutar de unha vida digna.

 

Quero constatar o feito de que somos os primeiros aos que acoden as persoas con necesidades pola a axilidade na concesión das axudas, moitas veces atendendo incluso as que nos derivan os propios servizos públicos. Intentamos marcar un itinerario de inserción ás persoas, contando sempre coa rede pública e privada.

DENDE CÁRITAS QUEREMOS FACER UN CHAMAMENTO ÁS CONCIENCIAS DOS CIDADÁNS, A SER MÁIS SOLIDARIOS, A COLABORAR CON NÓS XA QUE TODOS PODEMOS APORTAR ALGO AOS DEMÁIS.
NECESITAMOS AXUDA, A MAIORÍA DAS VECES ECONÓMICA PARA SUFRAGAR PAGOS DE SUMINISTROS E ALUGUERES. INDIVIDUALMENTE NON TEMOS CAPACIDADE  DE AXUDA, PERO XUNTOS PODEMOS CHEGAR A AUXILIAR A MOITOS VECIÑOS CON NECESIDADES.

 

E non podemos esquecer que toda esta labor ha sido posible grazas ao compromiso e a xenerosidade dos voluntarios/as e de toda a comunidade da Unidade Parroquial de Milladoiro, Teo e contorna.

 

 

 

 

 

¿Te podemos ayudar? Chat con